martes, 16 de octubre de 2018

Clásico do mes

Ola a todos .Este ano inaguramos grazas ao departamento de dinamización lingüística , unha actividade que se desenvolverá na nosa libroteca durante todo o curso e consistirá na promoción mensual  dun clásico da literatura universal.
A idea xurde ao decatarnos da pouca saida que  últimamente teñen estos libros entre os nosos lectores.As razón poden ser varias , pero o que non nos perdonaríamos xamáis, sería a de  non recoñecelos como se merecen.Non tratamos de impoñer estas lecturas, xa que é o usuario o que ten a última palabra, pero sí vemos necesario dalos a coñecer ,en definitiva  promocionalos.

 Un clásico, é unha obra valiosa ,que perdura a través do tempo, case que un modelo do seu xénero que  permanece no gusto do público durante anos.
Italo Calvino refírese a eles como:libros que nunca deixan de decir o que teñen que decir.Sempre son emocionantes ,  ensinan cousas novas e fan que desexes atesoralos para sempre.